Venres 11 de novembro ás 20.30
A quen non lle gusta a opresión, a asfixia, os escapes de gas tóxico, os acoples siderúrxicos, os erros do sistema, a angustia e a néboa irrespirábel do presente gris e do futuro negro? A todas nos gusta esa reafirmación da vida que é o contacto co horror! A experiencia da montaña rusa. O filme de terror que queremos ver cos ollos pechados.
Balcanes veñen desde Asturias a presentar o seu primeiro disco «Carne Nueva» (Humo, 2016) no que evocan estes parámetros cos seus riffs monolíticos, incurrindo no drone ás veces, coas súas baterías marciais e cuspindo verbas apocalípticas con asco incandescente e abandono nihilista.
https://somoshumo.bandcamp.com/album/balcanes-carne-nueva-mlp
Con eles tocarán Grima, xente da casa, dúo instrumental, baixo e batería, o Facu e a Laura, cravo e canela, doe pero gusta. Estrearanse ese día connosco. Están excitadas e bríllanlles os ollos. Vinde á única «puesta de largo» en Pontevedra que non atenta contra a dignidade de ningún colectivo no único Liceo válido.
E todo isto por 5 € para combustible combustible combustible combustible combustible.