21 julio 2014

Baoba Sterero Club / Mauricio Takara / Petr Vrba + Alexandre Losada



baobinos_large maurico takara
DSCN2577

Mércores 23 de xullo ás 20.00

Nesta tardiña de mércores de xullo temos preparado un rico menú de tres pratos: dous brasileiros e un checo/galego

Baoba Stereo Club son un tío brasileiro de música intrumental que se move entre as augas do jazz, a rítmica da música popular brasileira e as sonoridades do post-rock de Chicago con Tortoise á cabeza. Dentro das súas influencias podemos destacar a Astor Piazzolla, Nino Rota, Moacir Santos, Morricone ou mesmo Black Sabbath

http://baoba.bandcamp.com/album/baoba-stereo-club

Mauricio Takara é un dos músicos máis importantes da escena de Sao Paulo dende mediados dos anos 90, multiinstrumentista que emprega tanto a percusión e a trompeta como gravadoras de cinta, sintetizadores ou delays nunha traxectoria que abarca dende o hardcore e o noise rock até o free jazz e a música brasileira.
É membro fundador dos Hurtmold e dos Sao Paulo Underground con Rob Mazurek
Durante todo este tempo ademais ten tocado cunha ampla gama de músicos de todo o mundo: Joe Lally (Fugazi), Nana Vasconcelos, Damo Suzuki (Can), Bill Dixon, Daniel Higgs, Prefuse 73, Pharoah Sanders, Archie Shepp, Josh Abrams, etc..
Os seus concertos en solitario van dende a experimentación máis abstracta e atmosférica con elementos electrónicos e acústicos até a improvisacións fortemente rítmicas empregando dun xeito pouco convencional o cavaquinho e as percusións


Para abrir o programa presentamos o dúo checo-galego formado por Petr Vrba e Alexandre Losada mergullados nas posibilidades que lles ofrece a improvisación libre no que será seu primeiro encontro neste formato despois de terse atopado en diferentes situacións e formacións.
Petr Vrba leva traballando no eido da improvisación libre non idiomática dende 2005; as trompetas, o clarinete, os altofalantes, os obxectos ou a cacharrada son algunhas das súas armas. Ryu Hankil, George Cremaschi, Miro Toth, Xavier Charles, Isabelle Duthoit, Franz Hautzinger, Seijiro Murayama ou Ava Mendoza, algúns dos seus múltiples compiches.
No 2012 funda a Orquestra de Improvisación de Praga.
http://www.vrrrba.cz/
Alexandre Losada é un músico pontevedrés cuxo traballo, neste caso coa guitarra eléctrica e obxectos, está enfocado cara a improvisación e a experimentación musical. Fai parte de Urro

Todo isto só custará 5 € destinados a cubrir os gastos dos músicos