20 noviembre 2018

Ben Salter + Presentación Karate Press



ben

Sábado 24 de novembro ás 20.30

Ben Salter éche ben australiano. Podería chamarse, de feito, Ben Australiano. Ten o tumbao dos bardos románticos das antípodas. O xeito de autocombustión fermosa. O regusto a burbon de cando espertas a media tarde no parque de caravanas. Pero tamén a percha para a americana pop ilustrado que tan ben manufacturan por alá. Leva meses xirando o seu novo álbum, “Back Yourself”, así que nos vén quentiño e gastadito, que é como máis presta.

bensalter.com.au
Spotify: https://open.spotify.com/artist/3LzmEpX0XzinhuJkFA5uIO
Bandcamp: bensaltermusic.bandcamp.com
Youtube: youtube.com/benpsalter

Ademáis, da man do nigromante local Luis Boullosa, estrearemos o novo número da non-morta, da fatalmente resurrecta Karate Press. Unha revista densa e profunda sobre contracultura, rock, misticismo obscuro, humanismo posapocalíptico e trap de garrafa.

Todo por un donativo de entre 5 e 10$ que irá íntegro á caravana da Commonwealth musical e axudará a que a estrada non morra.