23 enero 2018

Berio Molina presenta Setras



berio

Sábado 27 de xaneiro ás 20.30

Poucos artistas atoparedes no voso tempo e na vosa contorna máis fascinantes que Berio Molina. A determinación insubornable coa que investiga o son, a natureza e a relación do mesmo coa arte levouno a lugares nunca antes visitados por ninguén. Logo do seu paso polo Liceo en 2014 xunto a María Roja no III Aniversario, Berio preséntanos desta volta en formato charla/concerto/perfomance as súas Setras, un proxecto -recollido nun libro de idéntico título- sobre como soan as letras ó escribilas ou sobre caligrafía sonora.
Farase un percorrido por 6 das 23 setras que compoñen o libro falando sobre elas e experimentando o seu son co sapis, un lapis especial e amplificado co que se constrúen os ruídos das setras.

Setras vén de recibir o Premio Especial do Xurado do Premio Puchi, outorgado pola Editorial Fulgencio Pimentel e La Casa Encendida.

«Libro imposible y herético, Setras se presenta como un estudio sobre el sonido que emana del acto de escribir: un tratado sobre la acción sonora de la caligrafía. Escrito originalmente en lengua gallega y vertido al español por el autor, Setras despliega su alfabeto sentimental a medio camino entre la poesía y el ensayo científico, enfocándolo desde puntos de vista tan alejados en apariencia como la física, el arte de la acción, el absurdo y la asociación libre de ideas.
Como colofón, el volumen incluye un disco de vinilo en surco cerrado donde cada setra se convierte en un loop infinito con una cadencia única, conformando de esa forma una librería de samples para la creación sonora.»
FULGENCIO PIMENTEL (EDITORA)

«Lo tiene todo: original, vinilo multimedia, oscuro, difícil, síndrome de Asperger…»
NICK CURRIE, MOMUS

Entrada de balde (achega a vontade)