21 junio 2012

Betunizer + Djalminha + Festa de San Xoán



Sábado 23 de xuño

No Liceo funcionamos así. Antes de liala co aniversario (en xullo) traémosvos na noite máis meiga do ano á puta mellor banda da última fornada de loucura do escaparate barriobajero underground.
Betunizer son sangue e area nunha barra chea de mojitos. Unha apisoadora de post-hardcore tropical que o mesmo che rebenta o jeto que te pon a bailar por bulerías. Todo poesía en movemento sísmico, para un concerto que se recordará entre os grandes do Liceo.
Gustaranche se che quedou o cu torcido con Le Singe Blanc, Home Malo, Unicornibot, e se che gusta botarlle kétchup á empanada.
http://betunizer.bandcamp.com/
Acompáñanos os Djalminha, nova formación estratosférica de Gon (Unicornibot) e Fojo, dous non fumadores que están en forma e listos para darche unha malleira sónica.
Molaranche se te tocas con Extinción de los Insectos, Campamento Ñec Ñec e derivados, e se de pequeno ías á vía do tren a tirar pedras.
Todo isto na mellor noite do ano, para que te queimes na cacharela de malvivir, pero ben alimentado!
Abrimos portas dende as 20.30 para que desfrutes dunha gran noite!
Ven e quéimate no pantano do ardor na noite de San Xoán, por só seis moedas da era post-arábica (recorda, íntegras para pagar os excesos dos grupos, nada para o Liceo).
E recorda que a avaricia rompe o saco, a curiosidade matou o gato e, sobre todo, a impuntualidade fai chorar ao neno Xesús.
Despois do concerto saltaremos a fogueira e por suposto, haberá sardiñas e grellada das mellores carnes e verduras, todo a prezos de rescate!!!!

Guardar