6 octubre 2020

Big Data (Cirera, Rega e Erades)



bd

Venres 9 de outubro ás 20.30: Big Data (Cirera, Rega e Erades )

Son tempos difíciles (e cales non? ) pero no Liceo seguimos coa teima e a necesidade de tentar facer cousas, agora cun aforo pequeniño, sentadas, coas máscaras e máis separadas do que nos gustaría pero coa ilusión e a alegría de sempre e con moitas ganas de recibir o cataclismo sónico que nos teñen preparado.
Aproveitando a estadía no país do saxofonista catalán Albert Cirera; Pablo Rega e Luis Erades armaron un trío de improvisación salvaxe, de alta octanaxe sonora onde a imaxinativa e ruidosa guitarra de Rega colisiona cos saxos libres e explosivos de Cirera e Erades nesta imperdíbel oportunidade de ver unha sesión única de música sen rede.
http://www.albertcirera.com/

http://pablorega.blogspot.com/

Debido á nova situación e á limitación do aforo, pregámosvos que se tedes pensado vir (incluídas aquelas persoas socias mutantes) mandedes un correo a anticipadas.liceomutante@gmail.com para facer a vosa reserva
Nesta nova etapa non podemos facer cea para as asistentes, polo que vos animamos a que non pasedes fame e traigades o que queirades papar
Agradecemos moito a vosa comprensión nas novas dificultades que nos formula esta situación.
Lembramos que o Liceo Mutante non é un bar, nin unha sala de concertos. É unha asociación cultural e un espazo sen ánimo de lucro autoxestionados por persoas voluntarias