12 abril 2017

Big Ok + Matadero Cinco



bigok

Venres 14 de abril ás 20.30: Big Ok + Matadero Cinco

Ei!! Coñeces a Big Ok? Faite unha idea: suma guitarreo dos 90, son Washington, ritmos de vangarda, unha visión sen complexos da formación de power trío, membros de Za! – e editando no seu selo Gandula – e a Orquesta del Caballo Ganador, violíns espaciais e cancións atípicas e atemporais, todo guiado por un mestre de cerimonias, Paul Fuster, en estado de gracia.
Pois iso é Big Ok: https://gandula.bandcamp.com/album/big-ok

E a Matadero Cinco? Estes rapaces da nova fornada de músicos da cidade dos badéns ven pegando forte, pasan de música branda e tranqui e merdalladas do estilo…terás que agardar ata o día do concerto para sabelo, poderás?

Este jaleo, este jolgorio, por entre 5 e 8€ que vai íntegro para os artistas como donativo. La vida, la ligerezza.

Guardar