8 enero 2018

Boneflower e Lâcrima



boneflower

Sábado 13 de xaneiro ás 20.30

Boneflower veñen dende Madrid portando inxentes cantidades de contundencia e melodía entregadas con implacable solvencia. O seu último traballo «Empty Rooms, Full Bodies» confírmaos coma un dos grandes referentes do xénero, e coma nos seus directos atopamos toneladas de ganas, suor, entrega, emoción, preciosismo e furia.

Escóitaos aquí: https://boneflower.bandcamp.com/

Lâcrima é o proxecto en solitario do encargado da maquinaria dos berros en Lluvia de Ciervos, impiacentes esperamos descubrir qué nos terá preparado.

Coma sempre, donativo optativo entre 5 e 8 € á túa elección que irán íntegros para os artistas.