Sábado 5 de novembro ás 20.30
Noite electrónica no Liceo. En plan, desfasar. A tope.
Por unha banda veñen Boyanka Kostova, que fan TRAP en GALEGO e aquí no Liceo queriamos ver se iso era posible. E disque É. Sentímonos vellas. Boyanka Kostova veñen para exterminarnos e abonar o chan coas nosas cinzas.
Pola outra banda volve o puto Nelo! aka Pálida. O noso irmán químico, o noso xusticieiro do desfase nocturno. O metamovido que vos porá a danzar e a pensar nun futuro de distopía sintética nocturna e nun verán de abusar do body sensual SIMULTANEAMENTE.
Todo por 5€ que lles daremos a eles para que logo fagan choiva de billes en directo, que é algo que agora se estila moito no noso chateau!