21 marzo 2012

Brand New Sinclairs no Liceo Mutante



Sábado 24 de marzo, 4€ ou 9€ con CD, 21:30

Tras tres anos como The Sinclairs o combo barakaldés decide dar un paso involutivo para transformarse en Brand New Sinclairs, un paso cara a aqueles sesentas vibrantes e brillantes. En decembro de 2007 lánzanse aos escenarios tanto de importantes eventos coma de escuros garitos, onde conseguen tolear á audiencia bombardeándoa con sets dotados de alma negra e descaro ye-ye, imposible conter a cadeira… xa neste 2009 preséntannos o seu primeiro disco, Ten Blue Pills, dez novas e vibrantes cancións que respiran soul, garage, funk e rhythm & blues polos catro costados. Gravado a finais do 2008 nos estudos Montreal de Pamplona da man de Hans Krüger, Ten Blue Pills plasma o son directo da banda. Un ritmo contundente e guitarras crocantes, en contraposición coa doce voz do seu cantante, conseguen este cocktail de pílulas azuis.
E agora en 2011, da man de Flor e Nata records, o selo independente con máis soleira do estado, presentan o seu segundo longa duracion de título «Healing Souls» Repetindo a fórmula sonora do seu primeiro disco (unha vez máis nos mandos Hans Krüger), pero dun xeito mais inmediata e decidido, pop, R&B, soul, garage……en un longa duracion de coidada presentacion tanto en cd coma en lp.
http://www.facebook.com/pages/Brand-New-Sinclairs/107049095985584
http://www.myspace.com/brandnewsinclairs