11 agosto 2021

Ca de Bestiar e Giuseppe



ca

Sábado 14 de agosto: Ca de Bestiar + Giuseppe
Xa están aquí! Chegan os bárbaros. Xa era hora. Veñen Ca de Bestiar! E Giusseppe!
Se vos molou o concerto de Savvna, Ca de Bestiar vaivos flipar. Non vos perdades isto, estades avisadas. O 14 de agosto do 2021, en Pontevedra, no Liceo Mutante, no medio dunha pandemia mundial, é o día.
https://cadebestiar.bandcamp.com/album/rituales-del-ma-ana
Ritmos salvaxes, punk e industrial, rituais e violencia. Fillos bastardos de Sleaford Mods, Psychic TV, Esplendor Geométrico ou The Fall, estes dous fulanos de Barcelona faranvos vibrar, axitando os vosos corpos coma cans tolos. Se estades preparadas para o acontecemento, esperámosvos.
https://magiaroja-cadebestiar.bandcamp.com/releases

E non só iso, Ca de Bestiar presentarán, en exclusiva!, o seu novo lanzamento: o cassette Rituales del mañana, recentemente saído das entrañas de La Máquina, vertedoiro do que saen todas as súas creacións.
http://www.colectivolamaquina.org/
Pero vaia, que non me fagades caso. Escoitádeos! Vinde a velos! E logo falamos.
Estarán acompañados polos nosos benqueridos Giusseppe. Coñecidos doutras bandas como Lamprea Explosiva ou Bloque, estes dous fulanos incansables veñen meter tralla no Liceo. Baixo, batería e berros. Un bloque de ruído e poesía. A música que amenizaría as noite do Liceo Casino de Pontevedra despois da Revolución Social.
https://caracolnegro.bandcamp.com/…/novo-feixismo…

·Portas abertas ás 20h.
·O concerto a partir das 20:30.
·O aforo é limitado e soamente se poderá acceder con reserva. Se queres un oco mando un correo a:
anticipadas.liceomutante@gmail.com
·Máximo 4 reservas por persoas.
Queremos que o Liceo sexa un espazo seguro para todas, polo que vos pedimos a vosas colaboración e o respecto as todas as medidas sanitarias pertinentes.
Pedirase un donativo de entre 5 e 10e destinado integramente ás bandas.