4 noviembre 2019

Caldo + Loiros



Venres 8 de novembro ás 20.30

Este venres oito de novembro adentrámonos no outono ben quentiñas ó carón das propostas que dende o Liceo temos preparadas para voçe:

Loiros son a penúltimo fichaxe da Metamovida, un cuarteto de navegantes experimentados coma os galegos Virxilio da Silva, Héctor Agulla, o alemán Felix Barth e o francés Wilfried Wilde. Presentan o seu primeiro LP, gravado e mesturado por Hevi (Malandrómeda, Fluzo) un reactor de elegantes fusións estilísticas que van dende as sonoridades jazzeiras ata dinámicas de contundencia grunge-rockeira tope gama e pasaxes máis contemplativos herdeiros do post rock ou o shoegaze.

Escoita!: https://loiros.bandcamp.com/

Caldo son a antepenúltima fichaxe do Colectivo Metamovida, un trío de folk con altísimos niveis de beleza en sangue.O proxecto que comezaron María Jorge (violín) e Pedro Fariñas (guitarra) sumouse Anaïs Barbier á voz e pandeireta para deleitarnos coa súa visión da música tradicional galega. Aquí podedes ver unha pequena mostra do que poden facer:


Abrimos portas ás 20.30 e os concertos comezan en torno ás 21.00. Todo este disfrute dos mellores productos da nosa terra por soamente un doativo de entre 5 e 10 € á túa elección, que vai íntegramente para os gastos das artistas.