27 abril 2014

Calvin Johnson (K Records) no Liceo Mutante



CALVIN_JOHNSON_Tour2014-WEB

Pídelle a alguén o libro ese co que anda todo dios a tocar o carallo, o de «Nuestro grupo podría ser tu vida», de Michael Azerrad, e bótalle unha ollada ó derradeiro capítulo, o de Beat Happening, para saber de quen estamos a falar. Podo resumilo un pouco: fundador de K Records (logo que levaba tatuado o pelanas de Kurt Cobain), selo esencial para comprender a ampliación do concepto de punk e da cultura DIY en xeral; fundador de bandas como Cool Rays, Beat Happening, The Go Team, Dub Narcotic Sound System, The Halo Benders…; fanzineiro de pro inimigo das drogas e da cebola e, en resumo, figura clave á hora de falar de música idependente (da de verdade, non a dos monas eses todos que van polos festivais adiante escondendo os ollos con gafas de sol e tocando borralla) a nivel internacional.
Pois o tipo seica ven coa única compaña da súa guitarra e a súa característica voz, sen amplificación nin paxaradas.
Xa molaba que lle dera por cantar dende a casa da árbore ou debaixo do chiringuitouri. A ver con que nos sorprende.

http://krecs.com/
http://krecs.com/artists/calvin-johnson/

A historia vai ser o sábado 3 de maio ás 20.30 por uns irrisorios 5€. Non hai escapatoria, pequen@s roedor@s!