26 junio 2012

Camarada Nimoy no Liceo Mutante!!



Sábado 30 de xuño ás 22:00

Ti que és un militante da relixión do extravagante e da ciencia ficción, que comías bocatas de Nocilla vendo Star Trek, que te tocabas as orellas mentres admirabas ao Capitán Spock, aquí acollémoste e dámoste festa da boa.

Ti que pasas deses pretenciosos da Guerra das Galaxias e queres gozar ata estoupar bailando ao son do surf sobre unha táboa voadora imaxinaria.

Ti que moves as cadeiras ao ritmo do garaxe mais faltruqueiro, danzón e faltón ao norte do Miño, estás invitado á festa definitiva.

Sen cantantes de ningún tipo has de disfrutar a tope co son really molón dos Camarada Nimoy, a banda sonora das mellores naves espaciais.

E a cambio eles non piden un rescate de cen mil millóns de moeda terrícola senón unicamente tres euros (aínda en vigor no país da pandeireta) coas que voltar ao refuxio interestelar modelo festa 24h no que residen no cinto de Orión.

A ti, amigo mutante, e a túa irmá, cuñada e prima querémosvos ver dándolle ao bamboleo no Liceo Mutante. Avisados estades!

http://camaradanimoy.bandcamp.com/