2 mayo 2018

Capitán Bazofia + Above the Tree



abovethetree_1_1326620800
capitán bazofia

Sábado 5 de maio ás 20.30

Oe!
Que temos unha visita do máis especial e granado e magno mundiño estrela. Dúas personalidades desas que deixan pegada. Dous cowboys solitarios do subunderground.

Capitán Bazofia é o alter ego do master chief Nacho Vera. Anteriormente aporreando en Rosvita e responsábel directo do seu contido teatral e performático, Nacho Vera amplía os seus horizontes pasados en dita formación e colaborando con múltiples iniciativas coma Los Corderos neste proxecto unipersoal no que recita un profundo discurso sobre unha aparentemente liviana serie de boleiros, baladiñas e bachatas. Explorar as profundidades deste proxecto único ten premio.
https://capitanbazofia.bandcamp.com/

O italiano Marco Bernacchia aka ABOVEtheTREE é un deses superheroes incansables do DIY. É complicado pasar por algunha das súas sedes en calquera rincón de Europa e non atopar algunha pegatina, cartaz ou disco de ABOVEtheTREE. Marco segue na loita infinita e tiña que pasar por aquí. Xenio, figura, finura, trances electroacústicos, celebración. Un home vivo.

https://abovethetree1.bandcamp.com/

Os artistas solicitan entre 5 e 8€ de donativo para a supervivencia. Nós contamos contigo para seguir a resistir, dende hai case sete anos, en Rosalía de Castro, 100. Ven, consume, escoita, fala, participa e goza.