21 agosto 2017

Capitán Bazofia + Esteban & Manuel



bazofia

Sábado 26 de agosto ás 20.30

Ollo ao espírito deste eventaco no Liceo Mutante. Festa asegurada, ambientazo, uns bailoteos, unhas risas, soliño, palmeira e a procrear. Bo corpo asegurado!

Dende Madrid temos por fin a visita de Capitán Bazofia, proxecto musico-teatral e psicomáxico de Nacho Vera, batería e un dos artífices dos discazos deses ultraseres chamados Rosvita. Humor a chorrote, bolero sociópata e moitas, moitas risas! Anda presentando, sempre moi ben acompañado, o seu primeiro disco «Ánimo, Animales».

CHUPA DE PADRE, éxito inmediato: https://capitanbazofia.bandcamp.com/releases

Veñen a tope de guasa e ritmillo os galegos Esteban & Manuel, punta de lanza da megacumbia galega. Que corra o vermouth, pechade as saídas e sacade as toallas, que imos suar a base de bailoteo do fino. La Banda Sonora de tu Día a Día (La Melona – Eventos Culturales) é un catálogo de máquinas desas de reventar garitos.

Atrévete a non bailalo:
https://lamelona.bandcamp.com/releases

Vente! As artistas solicitan entre 5 e 8€ (o que queiras e podas pagare) para seguir o seu camiño na vida.

Festa!