17 octubre 2018

Caramuerto + Anatomía Humana Desmontable



ana

Venres 19 de outubro ás 20.30

Ai caramba, vaia noite! Dous proxectos radicados en Barcelona fan parada e fonda no Liceo para torcernos o venres e facernos mellores.

Caramuerto: O que empezou como un proxecto de estudio foi mudando lentamente, en cassettes e edicións limitadas, ata alcanzar un novo nivel coa edición do seu primeiro LP “Humo y Espejos” . A medida que se foron multiplicando os seus concertos perfeccionou unha linguaxe que bastardiza o legado de Birthday Party e a No Wave co noise rock deconstruido de Sightings ou Wolf Eyes sobre bases dunha electrónica heterodoxa e orixinal. Sobre estes ingredientes cuspe letras que mesturan o persoal co surreal e que referencian a miúdo un pasado ás veces borroso, estrañado ou traumático.
https://magiaroja-caramuerto.bandcamp.com/album/humo-y-espejos

Anatomía Humana Desmontable: é o proxecto musical da artista Laura Höldein, armada coa súa voz e os sintes factura unha electrónica tremendamente persoal con ritmos e sons sacados do espacio exterior para mergullarnos nunha experiencia intensa, a ratos indescifrable mais sempre aditiva
https://conjuntovacio.bandcamp.com/album/pasajera-pausa

Vén gozar con nós por unha axudiña entre 5 e 8 € destinada integramente aos músicos.