8 octubre 2014

Carmonas + Bala



10454458_706452656097443_524989868838934964_n

Venres 10 ás 20.00

Manolo e Xurxo polo whatsapp:

– Cof cof

– A ver meu, a que andas? (icono da sevillana)

– Pois nada, a este paso e co catarro que teño vou ter que quedar en casa o venres…

– Si? Pois vaille dando ó paracetamol porque hai concerto no Liceo e quero que veñas comigo.

– Quen toca?

– Por un lado estarán Carmonas, grupo de catro raparigas que fan un punk moi garaxeiro. Rápido, forte, tenaz. Son desa corrente valenciana da que fala todo o mundo, sabes? O Magazine, o mojito de absenta e todo iso. O seu disco debut gravouno o baixista de Betunizer. Seguro que che molan. Mandeiche o disco por WeTransfer.

– Gracias meu, a ver se chega. E por outro lado?

– Pois as brutais Bala. Dúo xurdido das cinzas de Calixta, lémbraste? Son unha montaña rusa na atracción do rock.

– ¡Vaia metáfora machiño!

– Xa ves xd xd. Fan unha mistura de stoner, grunge, punk e todo o que lle botes enriba. Veñen de facer kilómetros cos colegas de Acid Mess pola península e non paran de tocar.

– ¡Carallo! Pois a ver se fai efecto o paracetamol.

Escoita ás Carmonas aquí: http://carmonascarmonas.bandcamp.com/album/carmonas
Aquí un video: https://www.youtube.com/watch?v=zA66BzAGcPQ
Bala teñen facebook: https://www.facebook.com/SOMOSBALA

Xa sabes, faille caso a estes dous preas e ven o venres 10 ó Liceo Mutante. Por 5€ de donativo para as bandas terás acceso a 2 concertos bestiais no nosa humilde asociación. Ás 20:00h abrimos portas e haberá comida e bebida a prezos de taberna do Priegue Club de Fútbol. Non quedes na casa!