28 enero 2013

Casting Tour de Pinga Teatro




Precisamos de moito teatro polas veas!

Por iso temos un CASTING TOUR de actores e actrices para unha telenovela de 400 capítulos (coma mínimo), e en todas as linguas peninsulares e subtítulos en inglés.
Encargouselle tal cometido a un representante do textil catalán para que viaxara por tódos os lugares e buscase no seu periplo a diversidade interpretativa non contaminada.

Terá sorte o director Jordi Sardana de Montserrat na súa pesquisa de un sistema novidoso na produción e realización teatral?
Non o sabemos inda, pero por fortuna terá a axuda de Galicia Uxía nesta arriscada empresa!

Agardamos que aproveitedes esta oportunidade ao ‘estrellato’ no vindeiro casting do venres 1 de Febreiro, ás 21h. no Liceo Mutante (onde senon)

Lembrade contar co donativo de 4 euros (ou traer os vosos carnés de socios mutantes)

Unha produción de Pinga Teatro.
Reparto: María Carrera e Miquel Condal
Vestiario: Carmen Martínez
Son e Luz: Fran Soaje
Espazo escénico e Dirección: Miquel Condal