Drengskapur + Balmog no Liceo

bamog

Este venres 18 Abril tes que vir ao Liceo Mutante e punto.

¿Por qué? Pois porque virán os nosos compis de Balmog e tamén os alemáns Drengskapur.

DRENGSKAPUR (Alemaña)
Este xermanos están de xira pola península e farán unha paradiña no noso espazo para berrar e darlle ao dobre bombo. O seu black metal atrapa e pode facer que a túa cabeza explote. ¡Non bromeamos! Isto é moi serio e esperamos que non se che escape.

Aquí en directo: https://www.youtube.com/watch?v=7uxlHedC8g0
O seu disco Von Nebel umschlungen: https://www.youtube.com/watch?v=SiGHMMgs9rI

BALMOG (Pontevedra)
Xa coñecidos na nosa casa, os nosos amigos Balmog volven vir a tocar canda nós e descargar a súa furia black metaleira influenciada por bandas coma Enthroned, Marduk ou Carpathian Forest,. Temos un grato recordo do seu paso polo Liceo e temos moitas ganas de volver a velos outra vez por aquí. Se che gusta despeitearte, este é o concerto.

Atento: https://www.youtube.com/watch?v=tJP2TDRrgQs
Escoita: https://soundcloud.com/blackseedproductions/balmog-testimony-of-tthe

E todo isto por só 5 euriños que irán directamente ao peto dos músicos. Haberá comida e bebida a prezos populares e libres de trasxénicos.

Sangre de Muerdágo + Carcomedhi

sangre
carcomedhi

Luns 14 de abril ás 20.30

Sangre de Muerdago son un quinteto acústico formado entre músicos galegos e xermanos, de ampla traxectoria en bandas de xéneros moi diferentes a esta proposta que xa é referencia no seu estilo: Folk con resonancias ancestrais, que camiña melancólicamente polos bosques.
Chegan ó Liceo embarcados nunha xira que os levará por nove países na que presentan ó seu último lanzamento “Nas fragas do río Eume”

http://sangredemuerdago.bandcamp.com/

Carcomedhi veñen dende Vigo e presentan o seu recentemente saído do forno ep “Futuro en Venta”, repleto dun metal crustificado e rockeiro de primeira.

http://carcomedhi.bandcamp.com/ http://carcomedhi.blogspot.com/

Todo esto por 5 € que irán directamente cara ás bandas coma donativo, animádevos a pasar un luns intenso e diferente.

Cró! + Buogh no Liceo

cro

Sábado 12 ás 20.15

“¡Tremenda movida, tremenda liada!” dicían nun programa sobre Vigo. E é que dende Vigo veñen dúas bandazas a tocar ó Liceo Mutante unha vez máis.

CRÓ!

Estes 4 míticos do Bizarre acaban de sacar o seu novo disco “Pera”, gravado nos Estudios Brazil e que podes escoitar aquí: http://spacecro.bandcamp.com/album/pera
Non se pode poñer unha única etiqueta á música de Cró!, xa que se move por diferentes ramas que van dende o rock ata o jazz. Tocarán temiñas novos e vellos e agárdanos algunha que outra sorpresa. Se os disfrutaches no Festival Metamovida, acude o sábado 12 xa que están enchendo todas as salas que pisan así que non deberías perder a oportunidade de velos en Pontevedra.

Música: http://spacecro.bandcamp.com/
Videoclip “Wilda”: https://www.youtube.com/watch?v=DBPjmsy4DUg
Live on Litium: https://www.youtube.com/watch?v=nTCVdY6QAlI

BUOGH!

¡Están de volta! Tras un parón os Buogh! volven calzar os instrumentos para darlle duro outra vez. O seu grunge progresivo xa lle taladrou a cabeza a máis dun e as súas atmosferas escuras atraparante máis veces das que cres. Son 3, pero fan un barullo descomunal. A volta de Buogh é un milagre que debemos festexar e agradecer de por vida.

Música: http://buogh.bandcamp.com/
Directo: https://www.youtube.com/watch?v=gCxSz36CLqg

Todo isto por so 5 euros de donativo (ou 6,90 dólares se te cres gángster) e coma sempre haberá líquidos e sólidos para o persoal que acuda.

Obradoiro de retoque fotográfico dixital en Photoshop

Sábado 12 de abril ás 17.00

Retomamos as nosas xornadas de fotografía cun obradoiro deseñado para to@s aqueles que desexen sacar o máximo partido a súa cámara herdada ou con ese agasallo que nunca sacamos da funda.
Recuperados xa das cicloxeneses e con moitos folgos primaverais!

Se tendes algunhas fotografias almacenadas no voso portatil non dubidesdes en acercárvos ate o Liceo Mutante este venres 12 de Abril !!!

Nesta xornada afondaremos no mundo do retoque dixital coas ferramentas de PHOTOSHOP : Iluminación, Axustes de Cor, Maquetacións, Montaxes, Tipos de retoque (retro, analóxico, branco e negro, virados,etc.)

Además de personalizar o uso das ferramentas en función do seu uso para deseño gráfico ou ilustración.

Para garantir a fluidez e atención personalizada a cada alumno o obradoiro realizarase entre un minimo de 10 persoas e un máximo de 25. No caso de sobrepasar esta cifra contaremos cun asistente que axude coa corrección individualizada de cada uns dos exercicios.

A duración será de 180 min., susceptible de prolongarse segundo o ritmo dos participantes.

O prezo será de 13 euros para os Socios Mutantes e de 17 para os Socios Y.

Lembrade que debedes contactar a través do mail para confirmar a vosa asistencia:
cristinandrespontanilla@gmail.com

Proxección de Monopatín (Un recorrido por los orígenes del skate en España)

1978907_619067034836006_223157641_n

Xoves 10 ás 21.00

Todo un documento histórico a cargo do realizador Pedro Temboury (“Karate a muerte en Torremolinos”), que percorre con este documental a historia do monopatín no estado español, dende os seus primeiros pasos a través da testemuña dos patinadores pioneiros -cando a marca Sancheski foi a primeira en rexistrar a patente dun monopatín-, ata o rexurdir deste deporte nos 80, nos que os nosos protagonistas viaxan para participar en campionatos ou exhibicións, nas que se sentían como estrelas do rock. Non faltan as anécdotas que estes, hoxe non tan rapaces, contan con naturalidade diante da cámara.

Ademáis, a banda sonora está repleta de temas clásicos do rock/hardcore/punk estatal: Imperial Surfers, The Longboards, Dr. Explosión, Farmacia de Guardia, Los Vegetales, Cerebros Exprimidos, Golden Zombies, La Banda Trapera del Río…

Terrier e Estrambote!

estram

Sábado 5 de abril ás 20.30

Os Terrier xa nos deron non fai moito unha festa das boas, unha tarde de rock sucio, divertido, cargado de enerxía e, sobre todo, de bo rollito. Non de casualidade os madrileños foron os maiores defensores da plataforma pro-piscina e celebración acuática da vida no noso xardín.

Co mesmo espíritu veñen de publicar o seu álbum de debut, “Un Cadáver en el Mar” a través dos amiguetes Sonido Muchacho. Temazos a esgalla e moito alto sentido do humor para unha banda que nos vai dar unha velada de non olvidar.

http://losterrier.bandcamp.com/album/un-cad-ver-en-el-mar

Veñen acompañados ademais polos Estrambote, high class en canto a continentes (ollo coa historia dos seus integrantes) e contidos – todo temazossss.

http://estrambote.bandcamp.com/

Vai ser unha tarde-noite épica. Só por cinco euriños para que as bandas poidan voltar a casa ou free para os mutantes. 20.30 PUNKTUAL!

Alberto Montero e Aries no Liceo!

10013744_614052065337503_709268536_n

Xoves 3 de abril ás 20.00

Alberto Montero, crack de cracks, artesano de píldoras de pop psicodélico dende fai xa moitos anos – primeiro naquela microfactoría de hits chamada Shake, agora en relativo solitario -, descendente dos Love mais melódicos, do Nick Drake mais íntimo, un Elliott Smith mediterráneo e en paz, en plenitude, ven presentar a Galiza o seu Puerto Príncipe (Bcore, 2013) e pasa polo Liceo para dar testimonio, algo do que non podemos mais que estar ben orgullosos. Ademais merodeado por unha banda única para un concerto de estar agarradiño.

Escoita:

http://albertomontero.bandcamp.com/album/puerto-pr-ncipe

http://albertomontero.bandcamp.com/album/claroscuro

Mira:

TOCAN UNHA VERSIÓN DE VAINICA DOBLE

Isa = ARIES, verdadeira raíña do pop en español, de feito historia viva deste (ex-Charades), activa mutante, engarza coma ninguén peciñas de pop ensoñador, vívido e lúcido, coma pequenas fichas dun collar multicolor que sempre senta ben. No berce facía coros dos Beatles e os Beach Boys, creceu na arte e na máquina e pasou pola banda a Animal Collective. Está presentando a súa Mermelada Dorada (La Castanya, 2014) e a súa primeira parada é AQUÍ. E no seu proxecto tamén está a nosa querida Nati, encargada de traer todo a súa arte ao directo. Inesquecible.

Escoita:

http://aries.bandcamp.com/album/mermelada-dorada

http://aries.bandcamp.com/album/la-magia-bruta

Mira:

Isto por cinco euriños para que os artistas sigan o seu camiño, cero se és mutante. Ás oito puntuais :)
PUBLICACIÓNS

Cineclube do Liceo Mutante: Level 5

level 5.4
Level 5.2png
level 5.3
Level 5

Mércores 2 de abril ás 21.00

Esta semana proxectaremos o filme Level 5 do director francés Chris Marker

Level 5 (Level 5, Chris Marker, Francia, 1997, 104′,VOSE)

Laura recibe o encargo de finalizar o guión dun videoxogo dedicado á batalla de Okinawa (unha traxedia practicamente descoñecida en Occidente pero cuxo desenvolvemento desempeñou un papel decisivo no fin da Segunda Guerra Mundial, e, como se verá, na posguerra e ata o presente). Xogo moi singular, sen dúbida pois, a diferenza dos xogos de estratexia clásicos, cuxo obxectivo é reverter o curso da Historia, Level Five só permite reproducir esta historia tal e como foi. Pero, ao traballar sobre Okinawa, Laura toparase cunha misteriosa rede paralela en Internet de informadores e testemuñas da batalla. Así, acumulará os vestixios da traxedia que empezarán a interferir na súa propia vida. Como todos os videoxogos, Level Five avanza por niveis. Laura e o seu interlocutor, intoxicados pola súa misión, rematarán por compoñer unha metáfora da vida, distribuíndo os “niveis” a todo o que os rodea.

Entrada de balde

Sofy Major e Hombre Malo

1604797_610915415651168_1683334859_n

Sábado 29 de marzo ás 20.30

Brutalidade a cachón, wall of sound sen experimentos estranos ou fogos de artificio, a tralla sintetizada, o movemento de cabezas e a visceralidade…todo iso e máis nunha noite que pinta épica no Liceo Mutante.

Sábado 29 de Marzo, por 5 €, e comenzando ás 20:30 puntuais que teñen moito que contar.

“HOMBRE MALO
Cuarteto afincado en Oslo, Noruega composto por xente de bandas como The Sons of Saturn, Okkultokrati ou Ictvs. Sludge cru e potente que mestura perfectamente Metal, Stoner, Hardcore e Psicodelia. Pensa en Black Sabbath e The Melvins nunha versión hardcore e con actitude punk e poderás facerte unha idea. Frenéticos riffs de guitarra acompañados de ritmos teimudos e unha voz desgarrada. Todo iso, envolto nun poderoso e impactante directo que xa lles levou ao longo e ancho de toda Europa e a que os seus discos fosen editados por diferentes selos DIY do vello continente.

http://nooirax.bandcamp.com/album/desert-icons-hombre-malo-split

https://myspace.com/hombremalooslo

https://www.facebook.com/hombremalo666

SOFY MAJOR
Poderoso trío de Noise Rock metalizado de Clermont-Ferrand (Francia). Con varias referencias editadas e moitos concertos ás súas costas compartiron escenario con bandas como Kylesa ou Baroness. O seu ultimo LP, “Idolize”, foi gravado a golpe de furacán Sandy en 2012 en Nova York, quedando os estudos onde gravaban completamente inundados e todo o backline da banda inutilizado.Unha experiencia de sacrificio e sufrimento que pagou a pena xa que deron un paso firme para consagrarse nun son que ben poderíase comparar ao de Unsane, Neurosis ou Helmet. Directo potente e sen contemplacións que nada ten que envexar ao das bandas anteriormente mencionadas.

http://www.sofymajor.com/

http://sofymajor.bandcamp.com/

https://www.facebook.com/sofymajor

http://www.youtube.com/watch?v=Nr4Wjqad3hc “

Autoproxección!

1964786_613563135386396_868703205_n

Venres 28 de marzo ás 18.00

Non tes nada que facer este venres pola tarde? Iso si que é triste, pero aquí estamos nós que temos solución para todo.

Imos proxectarnos dende o noso proxector para o mundo dentro do Liceo, facendo unha pequena retrospectiva visual do -pouco ou moito- que levamos rexistrado en vídeo neste tempo, invitando á reflexión introspectiva e todas esas cousas posmodernas.

A excusa é o novo vídeo de Unicornibot, gravado no noso local por Rubén Domínguez e David Tombilla (Fan de Baiona), pero irá dentro dunha rolda de imaxes ben bonitas para tirar da nostalxia, toda unha tardiña de lembros.

Se tés algún vídeo a man que creas que se nos pode escapar, pégao aquí ou mándanos un privadiño. Vémonos o venres!

Por suposto, evento de balde :)