4 enero 2014

Champurrada no Liceo Mutante!



1477483_569118346497542_1377151818_n

Sábado 4 de xaneiro ás 20.30

Champurrada, un dos grupos máis emblemáticos, veteráns e carismáticos do panorama musical pontevedrés visitan un dos poucos recunchos que lles quedaban por explorar na nosa vila e os seus arredores, o Liceo Mutante. Por só 4€ que irán íntegramente destinados á banda.

CHAMPURRADA é grupo nado en Vilariño (Poio) cun único obxectivo: que o seu público o pase ben nos seus concertos. Levan moitos anos tocando, comezaron sobre o ano 1996, e grazas a toda a xente que os segue a apoiar; rexurdiron das súas cinzas no 2013 para dar unha vía de escape a toda a situación actual que estamos vivindo. Falan sobre os temas cotiáns, do día a día, do que lle pasa ó veciño ou das recomendacións que che botan os avós. Falando de avós, a maior fonte de inspiración de este grupo foi a avoa de Chuvi; quen foi capaz de aproveitar a súa sabedoría para facer unhas letras reais, sen tapuxos. Este ano 2013 comezaron a “Xira do rexurdimento” e a xente vaise atopouse con moitas sorpresas. Por iso é moi recomendable asistir aos seus concertos.

http://champurrada.es/

P.D. Non sabedes quen é Chuvi? Xa tardades!