14 octubre 2013

Charla + Proxección: El dret a Gaudír- O dereito a gozar



Xoves 17 de outubro ás 21.00

O DEREITO A GOZAR

RAZÓNS PARA UNHA RECONQUISTA VECIÑAL DO PARK GÜELL.

“El dret a Gaudír- O dereito a gozar” é unha curtametraxe documental de investigación que describe o conflito en torno o novo proxecto do Concello de Barcelona sobre o Park Güell. Queremos axudar a romper o silencio sobre esta iniciativa municipal, a que convirtirá un bosque urbán, espazo de descanso veciñal e xuntanza artística, emblema da historia de Barcelona, en museo privado.

O documental é froito do traballo da produtora independente Cronovan Studio (www.cronovan.com) en colaboración coa Plataforma Defendamos o Park Güell (http://defensemparkguell.wordpress.com/) para que sirva de instrumento contra o inminente peche do Park Güell, previsto para o vindeiro 25 de outubro do 2013.

Un documental ameno, rigoroso e activista que permite coñecer as interioridades da actualidade do Park e o plan municipal que converterá un símbolo da cultura e o contacto coa natureza en espazo de consumo turístico, nun proceso que dramaticamente estase a reproducir na maioría das cidades do estado.

https://www.youtube.com/watch?v=QNFUhjaDGeg

Ademais da proxección do documental os autores darán tamén unha pequena charla para explicarnos o proxecto e a loita contra este proceso de privatización.

Entrada de balde