11 marzo 2019

Chaval



chaval

Ollo a este venres 15, miramos cara o futuro, nace unha nova alegría para os oídos, non perdas, Chaval!

Chaval é o novo proxecto de Jose e Marcos Betunizer co que, do que foran as cinzas daquel galopante proxecto, volverán amosarnos da man doutro coñecido do underground valenciano, Jussi Folch (Aullido Atómico, Retraseres), a contundencia e o saber facer ao que xa nos teñen acostumados cos seus múltiples proxectos.
Dous baixos e unha batería, cun claro énfase no ritmo e a intensidade, a enerxía que volverá desatarse nos nosos corpos na pista de baile, para non poder deixar de mover a cabeza.

Andan presentando este belo proxecto nunha xira por 15 cidades da península, tras o que entrarán a gravar o que será o seu primeiro álbum nos estudios Ultramarinos. E nós temos a sorte de telos na casa Mutante!

Escoita algún dos proxectos nos que andan estes tres:
https://betunizer.bandcamp.com
https://cuello.bandcamp.com
https://aullidoatomico.bandcamp.com

Ven conversar, ven bailar, ven desfrutar dun momento histórico no Liceo Mutante, aportando un donativo entre 5 e 10 euriños, íntegro para esta nova banda! Haberá ceador vegano! Vémonos!

Portas ás 20:30, concerto ás 21:00!