13 junio 2017

Chris Cogburn + Kjell Bjørgeengen



chris
kejll

Martes 27 de xuño ás 20.30

No número 100 de Rosalía de Castro gústannos as sorpresas, e esta parece ser unha das grandes e boas. Que se pode esperar senón dun dúo de improvisación libre formado por un artista contemporáneo noruegués e un percusionista e músico electrónico a medio camiño entre Austin e Novo México?
Unha experiencia única e marabillosa!

O dúo do percusionista Chris Cogburn e do video artista Kjell Bjørgeengen explora os limiares incrustados na materialidade dos instrumentos de cada un.
A través da produción do vídeo flicker (parpadeante), Bjørgeengen transforma o sinal do audio nunha saída visual. As oscilacións entre as sombras da luz e a escuridade crean un emparellamento binario da experiencia visual, un fenómeno puro.
Co uso da percusión , altofalantes e outros implementos, Cogburn explora o limiar entre son acústico e electrónico, as súas diferentes calidades tímbricas e resonancias.
A interacción visual e auditiva do dúo pon en diálogo as diversas superficies que a propia experiencia escribe.

A práctica de Kjell Bjørgeengen é unha investigación da realidade.
Recoñecido polo seu traballo pioneiro en escultura, vídeo e instalación; Bjørgeegen expuxo amplamente na súa Noruega natal, incluíndo unha serie de instalacións de vídeo a gran escala en Kunstnernes Hus, The National Museum of Art, Architecture and Design, e Bergen Art Museum. Internacionalmente, o seu traballo exhibiuse en Hara Museum of Contemporary Art (Tokyo, Xapón), The Ludwig Forum (Aachen, Alemaña), e Dundee Contemporary Arts (Escocia), entre outros.
Recentemente, Bjørgeengen enfocouse en presentacións de vídeo xeradas por audio. Ten traballado con músicos de todo o mundo como: Joelle Leandre, Okkyung Le, Uchihashi Kazuhisa, Jin Hi Kim, Otomo Yoshihide, MIMEO, Evan Parker Electro Acoustic Ensemble, Aernoudt Jacobs, Streifenjunko, MURAL, Lasse Marhaug, Marc Ribot, Toshimaru Nakamura, Thomas Lehn, John Tilbury, e con maior frecuencia co guitarrista británico Keith Rowe.
Info: http://kjellbjorgeengen.com/

Chris Cogburn // percusións e medios electrónicos (Austin/DF)
Percusionista que traballa principalmente no campo da música improvisada. As súas prácticas céntranse no limiar entre a acústica e os sons electrónicos, e as súas calidades tímbricas diferentes usando a percusión ou os altofalantes como un lugar para a resonancia.
Presentouse en diversos lugares ao redor do mundo como Festival Aural (FMX, México), Issue Project Room (NYC), James Turrell Roden Crater (Arizona, EUA), Quiet Que (Berlín), entre outros. Os seus proxectos musicais actuais inclúen: o grupo Un Trio de Gira con Alexander Bruck e Ramón del Buey (MEX); e o trio electro-acústico Arena Ladridos con Bonnie Jones y Bhob Rainey (EUA).
Dende 2003 organiza o festival anual de música improvisada “No Idea Festival” que presentou en Estados Unidos (Austin, San Antonio, Houston, Marfa, Fort Worth, Dallas y Nueva Orleans) e en México (Ciudad de México y Mérida, Yucatán).
Info: http://noideafestival.com/

Coma sempre, a axuda será á vontade entre 5 e 8 €.