11 septiembre 2012

Ciclo de cinema de terror no Liceo Mutante



 

Martes 11 de setembro ás 20:00

Dende os máis escuros recodos da filmografía de terror e sci-fi continuamos a pincelar nas vindeiras semanas este escabroso mundo.

Para iso contamos cunha DOBRE SESIÓN cada unha das xornadas adicada a un tipo de terror dentro de todo o que cabe nesta fosa sen fondo cinematográfico onde todo ten cabida, especialmente o que non o ten en ningún outro sitio.

Para non perdernos entre tanto medo.agora dámoslle oco aos nosos queridos psicópatas e as súas extravagantes formas de asasinar…
Toca un chisco de chumichurri GORE!!!

Hora:20:00
1º CALVARIE (2004)

http://en.wikipedia.org/wiki/Calvaire_%28film%29

Filme de orixe francófona, un área que está sorprendendo e moito ao público máis selecto dentro do xénero do terror ao perfilar mundos dunha opresión existencial acompañadas de brutais esceas cheas do mellor gore.

Dende logo un mundo o do terror europeo que espero exploremos entre todos proximamente…

Hora:22:00
2º TETSUO (1989)

http://en.wikipedia.org/wiki/Tetsuo:_The_Iron_Man

Pese a ser de orixe oriental, a predilección persoal por esta xoia bizarra e a súa relevancia no gore fixeron que entrase por méritos propios na listaxe final.Obra mestra resultado visible da teses do colapso existencial na sociedade contemporánea hiperindustrializada…

Un paseo dende as entrañas do gore xaponés máis experimental e cheo de referencias!

Entrada de balde, claro