Xoves 5 ás 21.00
Proxección dos 6 episodios que conforman a serie «FLCL»(フリクリ Furi Kuri?).
Esta serie foi creada polo estudio Gainax («Evangelion», «Tengen Toppa Gurren-Lagann»), no ano 2000. Do xénero comedia surrealista, foi dirixida por algúns dos mellores directores de animación da escena Xaponesa, coma Kazuya Tsurumaki (director do polémico episodio 25 de «Evangelion»).
Sinopse:
Todo comeza cando Naota Nandaba , rapaz moi maduro para a súa idade , un admirador do seu irmán máis vello Tasuku, que foi aos Estados Unidos para xogar béisbol, está aburrido e preso na vida cotiá, e acompañando a noiva do seu irmán, Samejima Mamimi, debaixo dunha ponte na cidade fictícia de Mabase. Cidade tranquila, coroada por unha enorme fábrica chamada Medical Mechanica coa forma dun ferro.
Todo cambia un día, cando de súpeto el coñece unha moza estrana que o atropela e golpea cun baixo eléctrico na cabeza, o que lle provoca un chichón enorme. A partir dese momento , a súa vida xira 180 ° e cousas estranas empezan a ocorrer ao seu redor. Como que a estrana moza, que se chama Haruko Haruhara, vén vivir con eles de súpeto, cousas estranas que saen da sua cabeza tales como as orellas de gato, é engulido por robots e termina nunha loita entre Haruko e Medical Mechanica, obtendo a Atomsk o Rei dos Piratas, que pode roubar planetas enteiros.
A serie ten algunhas parodias e simbolismos doutros animes.
Duración 120′
Entrada de balde