30 octubre 2018

Cigüeña



cigu

Sábado 3 de novembro ás 20.30

Dende as fértiles terras levantinas repiten visita estes vellos coñecidos. Para as despistadas, comentar que son un dúo ultraenerxético que practica un post-hardcore que come dos froitos de Aina, Nueva Vulcano, Fugazi ou Superchunk pero cun enfoque, tanto a nivel lírico como musical, moi particular, incluso autobiográfico por momentos. Veñen co seu novo disco, “El vuelo”, do que se falan marabillas por aí adiante.
Os seus directos son auténticas descargas cheas de xogos de intensidade, melodías washingtonianas, guitarras afiadas e baterías inapelables.
E, por se fora pouco, sonche boa xente.

https://ziguenya.bandcamp.com

Coma sempre, a entrada é un donativo a vontade entre 5 e 8€ que irá destinado íntegramente a sufragar os gastos dos músicos.