27 enero 2014

Cineclube do Liceo Mutante: Straub e Huillet



en_rachachant2
rachachant
MachorkaMuff2
machorka-muff3
umiliati

Mércores 29 de xaneiro ás 21.00

Esta semana proxectaremos tres pezas da parella de directores Jean-Marie Straub e Danielle Huillet

Machorka Muff (Jean Marie Straub e Danielle Huillet,RFA,1962,17’,vose)
Baseada nun relato de Heinrich Böll, no medio da falsa paz da reconstrución e o rearme de Alemaña,representa un soño metaforicamente abstracto. É o soño dun militar nazi rehabilitado, que mantendo as súas antigas ideas e contradicindo a crenza da reconciliación dos alemáns, soña co reame e a fusión dos valores castrenses coa recén fundada democracia.

En Rachâchant (Jean Marie Straub e Danielle Huillet,Francia,1982,7’,vose)
Adaptación dun relato de Marguerite Duras escrito dez anos antes. A historia xira en torno á rebelión dun neno, Ernesto, que se nega a recibir máis educación escolar. O título da película fai referencia a un novo método para aprender o que non se sabe, que será o escollido polo pequeno para iniciar a súa revolucionaria política estudantil.

Humillados (Umiliati,Jean Marie Straub e Danielle Huillet,Italia,2003,34’,vose)
Na Italia da inmediata posguerra, un grupo de xente que perdeu todo o que posuía durante o conflito, sobrevive nun pobo en ruínas. Tratan de levantar a cidade das ruínas e reiniciar a súa vida, a imitación das mulleres de Messina que reconstruíron a cidade, devastada por un terremoto. Oscilando entre o respecto e a sospeita, a coexistencia entre os membros do grupo é tensa. As cousas complícanse cando un enviado do goberno chega para dicirlles que nada do que teñen lles pertence. A película é unha libre adaptación de fragmentos da novela Las mulleres de Messina, do escritor siciliano Elio Vitorini

“Cando se fai unha película hai que dar ás persoas o gusto de vivir, o gusto do aire, do vento e da vida; e facer sentir que a sociedade do progreso, do consumo, do mercado e da competencia, en lugar de darnos vida, nola restrinxe cada día máis co pretexto de ofrecernos bens de consumo; pero a merda que compra vólvese cada vez máis merda. O cine ten que facer algo diferente á merda que estamos obrigados a comprar no supermercado. Chegamos ao punto en que dentro de pouco nos venderán leite que os rapaces non poderán tomar. Hai tempo, o armario que compraba un campesiño duraba catro xeracións; o armario que che venden agora rompe en dez anos. Así tamén as pontes, as rúas, os zapatos. O primeiro par de zapatos do modelo que uso duroume dez anos; o segundo cinco, e agora, despois dun ano despéganse, perfóranse, deixan entrar a auga. É necesario facer sentir que pola ilusión de capturar unha presa non nos queda máis que a sombra da nosa vida. Un tipo que coñezo dixo: «Eu fabrico un obxecto que debería durar polo menos o tempo que necesita unha árbore para volver crecer. Este é o contrato coa natureza». Hoxe todo vai na dirección contraria. Fabrícanse refugallos que nos están a sufocar. Xa non se sabe onde tiralos. Non se poden queimar as gomas dos autos ou as botellas de plástico porque producen dioxina que non se vai máis. Antes, o campesiño que queimaba o seu propio armario non contaminaba, porque queimaba madeira e porque outras tres árbores tiveran tempo de crecer.
Dar a sensación de que non vivimos no mellor dos mundos posibles: isto é o que tratamos de facer coas nosas películas. Xa o dicía Buñuel: todos os que nos fan crer que estamos mellor que antes son uns mentireiros. Dicir que todo vai estar cada vez mellor é a mentira máis grande, porque todo vai estar cada vez peor, ata que a noso arredor non quede máis que deserto.”
Jean Marie Straub en “La resitencia del cine” Dispoñible en: http://www.elumiere.net/exclusivo_web/internacional_straub/textos/straub_resistencia.php

Entrada de balde

Agradecementos especiais a David Gómez Andión!