4 marzo 2012

Cineclube do Liceo Mutante



Luns 5 ás 21:00

Comeza o ciclo adicado ao cineasta francés Jean Rouch co proxección do seu filme Eu, un negro (Moi, un Noir (Treichville),Jean Rouch, 1958 ,Costa de Marfil, 70′ VOS)
Retrato dun grupo de mozos nixerianos que abandonaron o seu país para ir en busca de fortuna a Costa de Marfil. Desarraigados en medio da civilización «moderna», chegaron a Treichville, barrio popular de Abidjan. O heroe que relata a súa historia faise chamar Edward G. Robinson, en honor ao actor estadounidense. Así mesmo, os seus amigos utilizan pseudónimos para forxarse simbolicamente unha personalidade ideal. Este filme explica como tratan de abrirse camiño na vida e a súa relación co amor, o traballo ou o alcohol.

Entrada de balde