10 diciembre 2013

Cineclube do Liceo Mutante: Día dos mortos + Nós





Mércores 11 de decembro ás 21.00

Nesta última sesión do ano proxectaremos dúas pezas: Día dos mortos de Joaquim Jordá e Julián Marcos e Nós do director armenio Artavazd Pelechian

Día dos mortos (Día de los muertos, Joaquim Jordá/Julián Marcos, 1960, España, 13′)

Filmada durante o día de defuntos no cemiterio civil da Almudena (Madrid). Ao saír do recinto a policía interceptou os realizadores. Parte do material foi velado a propósito para evitar que fose usado en contra daqueles filmados no interior. A censura definiu esta curtametraxe como «unha película nauseabunda»

Nós (Menq, Artavazd Pelechian, 1969,URSS, 23′)

Nós mostra o sufrimento e a traxedia vivida polo pobo armenio durante séculos. Pero Nós é, nun sentido máis amplo, un documento sobre a habilidade humana de sobrevivir a pesar de todas as dificultades. «Falar do pobo armenio é unha oportunidade para poder falar sobre o mundo enteiro, sobre as características da natureza humana. O pobo armenio é tan só un ‘nós’ dentro dun ‘Nós’ moito maior». Artavazd Pelechian.

Entrada de balde