Mérores 22 ás 21.00
Esta semana no Cineclube do Liceo Mutante proxectaremos o filme «A cerimonia» do director francés Claude Chabrol.
A cerimonia (La cérémonie, Claude Chabrol, Francia-Alemaña, 1995, 112’, VOSG)
Traballando a partir dunha novela de Ruth Rendell, baseada libremente no mesmo caso que inspirou a obra de Jean Genet As criadas, Chabrol delinea as tensións sociais e sexuais que subxacen nunha familia burguesa aparentemente idílica, na Bretaña.
«O título en francés A cerimonia explica ben a idea de narración dun ritual de execución, porque en París ir á cerimonia significaba ser guillotinado»
C. Chabrol
Entrada de balde