10 noviembre 2014

Cineclube do Liceo Mutante: A comedia de Deus



monteiro 2

monteiro 4
monteiro 5
monteiro 1
monteiro 3

Mércores 12 de novembro ás 21.00

Esta semana no Cineclube do Liceo proxectaremos o marabilloso filme A comedia de Deus do director portugués Joao Cesar Monteiro

A comedia de Deus ( Joao Cesar Monteiro, Portugal/Francia/Italia/Dinamarca, 1995, 162′, Vose)

Nesta ocasión a vida do Sr. João de Deus discorre sen grandes sobresaltos, dividida entre o seu traballo no «Paraíso do Xeado» onde, respectado por todos, desenvolve o labor de encargado e inventor da especialidade da casa, o xeado «Paraíso», que fai as delicias da clientela; e a súa tranquila e solitaria vida doméstica, onde, pola noite, e ademais das tarefas do fogar, dedica á ampliación da súa colección de vello púbico feminino que garda no seu álbum «O libro dos pensamentos».

Entrada de balde