3 diciembre 2013

Cineclube do Liceo Mutante: A negra de…



Esta semana (mércores ás 21.00) no Cineclube do Liceo Mutante proxectaremos o filme do director senegalés Ousmane Sembene A negra de…
A negra de… ( La noire de…, Ousmane Sembene, 1966,Senegal / Franci,, 65′ VOSG )

Baseado nun conto homónimo de Sembene publicado en 1961, «La noire de…» conta a historia dunha moza senegalesa que vai traballar a Francia na casl dos franceses que a empregaban en Dakar. Inicialmente animada coa perspectiva de coñecer Francia,vese desilusionada, notando diferencias no tratamento que lle dan os patróns.
O filme trata de modo único os efectos do colonialismo, do racismo e dos conflictos provocados polas identidades post-coloniais en África e en Europa.

Entrada de balde