25 marzo 2012

Cineclube do Liceo Mutante: A Pirámide Humana



Martes 27 ás 21:30

Remata marzo e con el o ciclo adicado a Jean Rouch, coa proxección do seu filme A Pirámide Humana (La Pyramide humaine,Jean Rouch, 1959,Costa de Marfil, 88′, VOS)

A chegada dunha nova alumna, Nadine, é o punto de partida dunha análise das relacións interraciais nun Liceo de Abidxán, en Costa de Marfil. Reunidos por Jean Rouch, os alumnos interpretan o seu propio personaxe nunha «ficción» que se desenvolve a partir das relacións entre brancos e negros, escenificando os lazos de amizade e as relacións sentimentais do grupo.

Entrada de balde