25 marzo 2014

Cineclube do Liceo Mutante: Bos Días



Bos días
bos días 2
bos días 3

O vindeiro mércores 26 ás 21.00 proxectaremos a comedia xaponesa Bos días dirixida por Yasujiro Ozu

Bos días (Ohayô, Yasujiro Ozu, 1959,Xapón, 94′, VOSE)

A acción sitúase nun barrio residencial dunha gran cidade xaponesa. Unha comunidade na que todo o mundo se coñece. Onde se chismorrea que a presidenta da comunidade de veciños queda coas cotas para comprarse electrodomésticos e onde os nenos prefiren pasar as tardes na casa dunha veciña «distraída» vendo os combates de sumo por televisión que facendo os deberes. Os escolares van ao colexio facendo competicións de ventosidades, aínda que un deles non domine demasiado ben a técnica. Os pais encóntranse nos bares onde se contan que a empresa lles despediu tras anos de servizo fiel. Nunha casa en particular a falta de televisión provocará a rebelión dos nenos, que se negarán a falar provocando toda clase de conflitos.

Entrada de balde