Mércores 5 de novembro ás 21.00
Esta semana no Liceo proxectaremos o documental arxentino de Néstor Renkel «Buscando a Reynols»
Buscando a Reynols (Néstor Frenkel, Arxentina, 2004, 73′, VO)
Reynols é unha banda de rock que literalmente é capaz de tocar calquera cousa. Os seus concertos son verdadeiros happenings, tan impredicibles que non se poden repetir. Un grupo que non teme experimentar con nada, partindo pola súa propia formación liderada polo seu gurú, Miguel Tomasín, un mozo con síndrome de Down.
Buscando a Reynols sonda ao grupo pero Frenkel nunca xulga por anticipado e deixa que sexan as imaxes as que falen por si soas.
A película non pretende ser un rexistro eloxioso, pero non é cega, e déixase seducir coa simpatía e liberdade da banda.
O filme debulla no deserto da nosa propia realidade mediática sen abandonar o humor e a capacidade de asombro.
Entrada de balde