Mércores 13 de febreiro ás 21:00
Continuamos a nosa programación co filme Crónica dun Verán (Chronique d’un été, Jean Rouch e Edgar Morin, Francia, 1961, 90′, VOSG)
«Chronique d’un été comeza como un ensaio de auto-etnografía, como un filme-enquisa apoiado sobre dúas cuestións simples e aterradoras: Como vives? Es feliz? Vemos dúas entrevistadoras que asaltan os transeúntes nas rúas de París. As respostas son dispares: receosas algunhas, sorprendidas outras. Un vello afirma ser infeliz por ser vello; unha traballadora di que os traballadores nunca son felices porque sempre están baixo mínimos no terreo financeiro; un estudante mostra o libro que lía no metro. Pero hai un momento en que a linealidade propia da reportaxe se quebra. A cámara, que permanecera a unha prudente distancia durante as entrevistas aos camiñantes anónimos, agora aproxímase. Xa non se fixa neles, senón no rostro de quen sostiña o micrófono.»
Artigo completo en español aquí: http://amputaciones.blogspot.com.es/2009/01/el-ojo-rojo-casi-felices-sobre.html
Entrevista sobre o filme traducida ao galego por Xan G. Viñas
aquí: http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/files/2007/04/entrevista-jean-rouch.pdf
Entrada de balde