Mércores 5 de decembro ás 21:00
A semana pasada sufrimos uns problemas técnicos que nos obrigaron a suspender a sesión ao chisco de comezar, polo que pedimos desculpa a todos os asistentes.
Por este motivo, nesta semana retomamos a programa frustrado da semana pasada.
Para rematar o ciclo adicado a Chris Marker proxectaremos dúas pezas do director francés:
Gatos Pendurados (Chats Perchés, Chris Marker, Franza, 2004, VOS, 57′)
“Pouco tempo despois do choque de Setembro de 2001, velaí que aparecen, nos tellados de París, uns gatos. Cun gra
fismo simple e de feitura perfeita, que resalta sobre a virtuosidade, por veces enleada, dos grafittis, levan con fachenda un amplo sorriso. Así que alguén, á noite, arrisca romper o pescozo por facer pairar unha mensaxe de bondade sobre esta cidade que tanta falta ten. Este filme constrúese seguindo a pista dos Gatos Sorrintes, de sorpresa en sorpresa”
Chris Marker
Xa que se vos dí que é posible (Puisqu’on vous dit que c’est possible, Chris Marker, Franza, 1973, 47′, VOS)
Documenta a folga sostida polos traballadores da fábrica de reloxes Lip
Non teñades medo do frío que agora temos estufas!!!!!
A entrada é de balde