26 noviembre 2012

Cineclube do Liceo Mutante: Gatos Pendurados + Xa que se vos di que é posible



 

 

Mércores 28 ás 21:00

Remata novembro e con el o pequeno ciclo adicado a Chris Marker.
Para concluir proxectaremos dúas pezas do director francés

Gatos Pendurados (Chats Perchés, Chris Marker, Franza, 2004, VOS, 57′)

“Pouco tempo despois do choque de Setembro de 2001, velaí que aparecen, nos tellados de París, uns gatos. Cun grafismo simple e de feitura perfeita, que resalta sobre a virtuosidade, por veces enleada, dos grafittis, levan con fachenda un amplo sorriso. Así que alguén, á noite, arrisca romper o pescozo por facer pairar unha mensaxe de bondade sobre esta cidade que tanta falta ten. Este filme constrúese seguindo a pista dos Gatos Sorrintes, de sorpresa en sorpresa”
Chris Marker

Xa que se vos dí que é posible (Puisqu’on vous dit que c’est possible, Chris Marker, Franza, 1973, 47′, VOS)
Documenta a folga sostida polos traballadores da fábrica de reloxes Lip

Non teñades medo do frío que agora temos estufas!!!!!

A entrada é de balde