Este mércores 3 de decembro no Cineclube do Liceo proxectaremos Homes o filme do director norteamericando John Cassavetes.
Homes (Husbands, John Cassavetes, 1970, EE.UU, 130′,VOSG)
Como reza o subtítlo do filme, Homes é unha comedia sobre a vida, a morte e a liberdade.
Gus, Harry e Archie son tres amigos casados e veciños de Long Island que se reúnen para asistir ao enterro dun amigo, morto dun ataque cardíaco. Tras o enterro, deciden ir a un club de Manhattan a xogar ao baloncesto e a nadar. A ocasión é propicia para que reflexionen sobre as súas vidas, os seus amores e as súas relacións, cuestións que non se detiveran a examinar ata ese momento; e, de pronto, asáltaos a sensación de que a xuventude foiselles inconscientemente das mans.
Entrada de balde