20 febrero 2018

Cineclube do Liceo Mutante: La vie des morts (A. Desplechin)



desple

Venres 23 de febreiro ás 20.30, Cineclube do Liceo Mutante: La vie es morts (A. Desplechin)

Os filmes de Arnaud Desplechin son narrativos, áxiles, veloces. Nas súas montaxes, non dubida en mesturar fragmentos de diferentes “variacións”: xa dende 1959 sabemos que saltar o raccord cinematográfico non é delito, o cineasta francés escolle sen pudor de aquí e de aló, outorgándolles aos seus filmes un tempo especial. O máis importante que achegan estas decisións creativas é a sensación final de que as súas obras saben captar unha complexidade que antes fuxía. A través dos fragmentos que nos mostran adivíñase a totalidade das capas que foron creando e descartando, e malia que o filme final ha ser sempre unha liña recta no tempo, imposible de deter, dinnos que a máis distancia veriamos que as súas historias son só un elemento dun fractal inaprensible. A vida.
——————————————————————————————-
LA VIE DES MORTS
Arnaud Desplechin, 1991
54 min., VOSE
Entrada de balde