Mércores 2 de abril ás 21.00
Esta semana proxectaremos o filme Level 5 do director francés Chris Marker
Level 5 (Level 5, Chris Marker, Francia, 1997, 104′,VOSE)
Laura recibe o encargo de finalizar o guión dun videoxogo dedicado á batalla de Okinawa (unha traxedia practicamente descoñecida en Occidente pero cuxo desenvolvemento desempeñou un papel decisivo no fin da Segunda Guerra Mundial, e, como se verá, na posguerra e ata o presente). Xogo moi singular, sen dúbida pois, a diferenza dos xogos de estratexia clásicos, cuxo obxectivo é reverter o curso da Historia, Level Five só permite reproducir esta historia tal e como foi. Pero, ao traballar sobre Okinawa, Laura toparase cunha misteriosa rede paralela en Internet de informadores e testemuñas da batalla. Así, acumulará os vestixios da traxedia que empezarán a interferir na súa propia vida. Como todos os videoxogos, Level Five avanza por niveis. Laura e o seu interlocutor, intoxicados pola súa misión, rematarán por compoñer unha metáfora da vida, distribuíndo os «niveis» a todo o que os rodea.
Entrada de balde



