14 enero 2013

Cineclube do Liceo Mutante: Mañá mudámonos



       

Mércores 16 de xaneiro ás 21:00

Para rematar o ciclo adicado á cineasta belga Chantal Akerman proxectaremos un dos seus ultimos filmes: Mañá mudámonos
( Demain on deménage, Francia/Bélxica, 2004, 110′,VOSE)

Neste filme, Chantal Akerman muda o rexistro dos outros filmes proxectados neste ciclo para achegarse á comedia.

En declaracións da propia directora no dossier de prensa do filme:
«A personaxe de Charlotte é moi próxima a min, á súa idade e hoxe mesmo. Buscar como vivir nun sitio, falar a todo o mundo, a desorde, a relación cos obxectos… Todo iso é semellante a min propia»
(tirado de http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/2009/01/20/charlotte/)

Sinopse:
Charlotte esfórzase en facer un oco na súa vida para Catherine, a súa nai, que acaba de quedar viúva.
Entre a desorde de caixas por desempaquetar, Charlotte percórrese a casa co portátil para poder volver poñerse
coa novela erótica na que estaba a traballar. Catherine dá clases de piano e empezan a vir alumnos un tras outro.
Cando está desocupada, ponse triste pensando nas manías do seu pobre marido. As dúas deciden vender o piso, Charlotte
ponse a buscar un estudo para traballar co axente inmobiliario Popernick, un expatriado polaco que acaba por ter
un romance con Catherine. De casualidade, Charlotte coñece a Michelle, unha poetisa da súa idade que necesita un piso
para escribir polas tardes. Charlotte asina un contrato de aluguer con ela e acepta usalo só polas mañás.
Acordan non se volver ver nunca.

Entrada de balde