Mércores 15 de xaneiro ás 21.00
Esta semana seguimos coas proxeccións adicadas á triloxía autobiográfica do escocés Bill Douglas.
My Ain Folk (Bil Douglas, Escocia, 1973, 55′,VOSE)
Tras coñecermos as dificultades que Jamie pasou, My Ain Folk comeza coa morte da avoa materna de Jamie, o que o obriga a ir vivir coa súa avoa paterna e o seu tío, onde é suxeito a unha vida de silencio e rexeitamento que fomenta o seu odio pola vida. Posteriormente viuse obrigado a entrar nun orfanato, onde a imaxe de desconfianza dun novo rapaz cara a bondade nunca antes vista na súa vida é un dos grandes fitos da triloxía.
Entrada de balde