Mércores 27 ás 21.00
Esta semana o Cineclube do Liceo Mutante adícalle a súa sesión ao director francés Alain Resnais, cunha dupla proxección: por un lado proxectaremos Noite e Néboa, o seu documental sobre as políticas de exterminio do terceiro reich, e tamén As estatuas tamén morren, filme feito con Chris Marker no que a través da arte africana dan conta da miseria do colonialismo
Noite e Néboa(Nuit et Brouillard, Alain Resnais, Francia,1956, 32′,VOSE)
«Cando Alain Resnais presentou Noite e néboa no Festival de Cannes de 1956, o manto de seda que cubría os rostros febles da nova humanidade, sostido polo boom capitalista do consumo e a chamada cultura de masas acabada de nacer, caeu por terra definitivamente. Porque a película de Resnais non era simplemente un informe sobre os campos de concentración, sobre o rexistro detallado e meramente documental da súa posta en evidencia, era máis ben unha profunda reflexión acerca de imposibilidade da representación; unha reflexión sobre a memoria como esixencia necesaria de resistencia ante os resultados dunha praxe nacida das entrañas dun discurso enfermo e totalizador.»
Artigo enteiro de Hernán Silvosa en español: http://www.planocenital.com.ar/2007/11/noche-y-niebla-la-memoria-como-resto.html
As estatuas tamén morren (Les statues meurent aussi,Alain Resnais Chris Marker, Franza, 1950, VOSE, 30′)
«»Cando os homes están mortos, entran na historia. Cando as estatuas están mortas, entran na arte. Esta botánica da morte é o que nós chamamos a cultura». Así empeza a película de Marker e Resnais, unha reflexión sobre como a cultura negra foi absorbida por Occidente e explotada comercialmente. Les statues meurent aussi propón unha meditación sobre o empeño inútil da arte de burlar á morte e é un dos primeiros films que denunciou abertamente a colonización francesa en África. Un documental prohibido durante máis de dez anos e cortado pola censura francesa nun terzo da súa duración orixinal que serve como pé para reflexionar sobre como o cine se enfronta aos procesos de aculturación. »
Entrada de balde