Este mércores 19 ás 21.00 no Cineclube do Liceo botaremos o filme «Nostalxia» do mestre Andrei Tarkovski
Nostalxia (Nostalghia, Andrei Tarkovski, Italia, 1983, 120′, VOSE)
No filme, o poeta ruso Andrei Gorchakov percorre Italia, na compaña na súa tradutora Eugenia, na procura da viaxe dun compositor tamén ruso do século XVIII, que pese a acadar o recoñecemento internacional evitou a fama e volveu á vida humilde dun servo feudal cun tráxico final.
Nesta viaxe coñecerán a un vello excéntrico, apocalíptico chamado Doménico que lle demandará un simple xesto de fe.
Entrada de balde