Mércores 12 de decembro ás 21:00
O Liceo non vai parar por moito que algúns se empeñen, así que dende o seu Cineclube comezamos un novo ciclo de proxeccións en torno á directora belga Chantal Akerman
Comezamos coa proxección de Novas da Casa (News from Home, Chantal Akerman, Franza/Bélxica/RFA, 1977, 85′, VOSE)
Comezamos coa proxección de Novas da Casa (News from Home, Chantal Akerman, Franza/Bélxica/RFA, 1977, 85′, VOSE)
«Proust escribiu na súa obra fundamental: «As paixóns esbozan os nosos libros, o repouso dos intervalos escríbenos». En News from Home (1976), Akerman, lé co seu sentido da musicalidade, pero sen afectación emotiva, as cartas que
a súa nai (presente dun xeito ou outra en moitos filmes da súa filla) lle escribiu durante a primeira estanza da cineasta en Nova York. Durante un ano e medio, a comezos dos anos setenta, Akerman fixo longos paseos en solitario pola cidade. Cando, tres anos despois, volveu a Nova York para rodar News from Home, a cineasta revisitou os lugares, antes de filmar 170 minutos para un filme que finalmente duraría 80 minutos. É dicir, practicamente aproveitou a metade do material rodado. A memoria e a reflexión sobre a experiencia vivida fixeran o seu traballo. Pasado o tempo, a memoria dos espazos mostráballe cal había de ser o lugar preciso onde colocar a cámara para revelar unha mirada persoal ligada a un sentimento de estranxeiría (e á vez á vontade de coñecemento dunha realidade allea) que tamén habita outros filmes seus posteriores, estean rodados no leste de Europa, o sur dos Estados Unidos, nos dous costados dun paso da fronteira entre México e Estados Unidos, ou en Tel Aviv. Pasado o tempo, esta cineasta, que rexeita o sentimentalismo para que poida aparecer unha emoción máis profunda, leu as cartas da súa nai cun distanciamento que fai comunicable a experiencia: é doado recoñecer nelas o desexo materno que a filla sexa feliz, pero tamén os reclamos para que volva a pródiga, a quen tanto bota de menos; e tamén a preocupación constante pola saúde da filla (que se coide, que se porte ben) así como a recomendación que evite transitar por lugares perigosos. Pasa o tempo e as nais non cambian»
Inma Merino en: http://www.blogsandocs.com/?p=4226
Inma Merino en: http://www.blogsandocs.com/?p=4226
Non teñades medo do frío que hai estufas!!!!!!!
A entrada coma sempre é de balde
Longa vida ao Liceo Mutante!