6 mayo 2013

Cineclube do Liceo Mutante: O Espello




Mércores 8 de maio ás 21.00
Esta semana mergullarémonos no lírico mundo d’ O Espello do director soviético Andrei Tarkovski.
O Espello (Zerkalo,Andrei Tarkovski, URSS,1975, 106′, VOSE)

Un home fala coa súa esposa sobre a súa situación actual e os motivos polos que se distanciaron. As reflexións e os mutuos reproches evocan nel recordos da súa infancia campesiña, da guerra, da separación dos seus pais, da identidade rusa… Un pasado que é o seu, pero tamén o dun país e o do acontecer mundial.

«Os feitos que se narran son todos reais e sucederon a persoas próximas a min. Pero por que algunha xente se queixa de que non a comprende? Os feitos son moi simples, deben ser tomados como similares ás experiencias das súas propias vidas. E sucede algo que é peculiar no cine: canto máis lonxe está o espectador do contido do filme, máis próximo resúltalle; o que a xente busca no cine é unha continuación das súas vidas, non unha repetición. Non hai momentos de entretemento no filme. De feito, estou categoricamente en contra do entretemento no cine: é degradante para o autor e tamén para a audiencia».
Andrei Tarkovski

Entrada de balde