Mércores 20.00 ás 21.00
Esta semana o Cineclube do Liceo Mutante presenta dúas obras do cineasta alemán Harun Farocki. Máis de trinta anos separan estes dous filmes con fios en común: a guerra, o traballo e o tratamento da imaxe.
O Lume Inextinguible
(Nicht löschbares Feuer, Harun Farocki, RFA, 1969, 25 m. V.O.S.)
“Cando lle ensinamos fotos de vítimas de napalm, vostede pechará os seus ollos. Vostede pechará os seus ollos ás fotos. Entón vostede pecharaos á memoria. E entón vostede pechará os seus ollos aos feitos.» . Farocki abstense de facer calquera clase de chamamento emocional. O seu punto de saída é o seguinte: «Cando o napalm está a arder, é demasiado tarde para extinguilo. Vostede ten que loitar contra napalm onde é producido: nas fábricas.»
Guerra a distancia
(Erkennen und verfolgen, Harun Farocki, Alemania, 2003, 58 m. V.O.S.)
En 1991, cando as imaxes da Guerra do Golfo inundaron os medios internacionais, era practicamente imposible distinguir entre as imaxes reais e as xeradas en ordenador. Esta perda cambiou para sempre a nosa forma de descifrar o que vemos. A imaxe non é usada só como testemuña, senón tamén como un fío imprescindible no proceso de produción e destrución. Esta é a premisa central da «Guerra a distancia», que segue a deconstrución das pretensións de obxectividade visual que Harun Farocki ten desenvolvido no seu traballo anterior. Coa axuda de material de arquivo e orixinal, Farocki establece a relación entre a estratexia militar e de produción industrial e bota luz sobre como a tecnoloxía da guerra encontra aplicacións na vida cotiá.
ENTRADA DE BALDE