Mércores 17 ás 21.00
O Cineclube do Liceo pecha a súa programación deste ano coa proxección do filme O medo devora a alma, tamen coñecido co nome de Chamámonos todos Alí; do director alemán R.W. Fassbinder
O medo devora a alma ( Angst essen Seele auf, Rainer Werner Fassbinder, RFA, 1974, 93′, VOSE)
Nun café ao que acoden os traballadores inmigrantes, Emmi Kurowski, unha viúva duns sesenta anos, coñece a Salem, un marroquí na trintena. Inducido pola dona do bar, Salem convida a Emmi a bailar, falan, acompáñaa a casa e, ao día seguinte, queda a vivir con ela. Esta relación xera un gran escándalo, e as veciñas visitan ao propietario do edificio para denunciar a Emmi.
Entrada de balde